Aeroporto de Pittsburgh

Aeroporto de Pittsburgh
Pittsburgh International Airport

IATA: PIT – ICAO: KPIT – FAA: PIT – LID: PIT
Sumario
Tipo público/militar
Propietario Condado de Allegheny
Operador Allegheny County Airport Authority
Cidade/Illa Pittsburgh
Elevación (msnm) 367 metros / 1 204 pés
Coordenadas Coordenadas: 40°29′46″N 80°15′24″O / 40.495997, -80.256693
Web http://www.flypittsburgh.com/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
10R/28L 3 505 11 500 formigón
10C/28C 3 284 10 775 asfalto/formigón
10L/28R 3 201 10 502 asfalto/formigón
14/32 2 469 8 101 formigón
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 8 988 016[1]

O aeroporto internacional de Pittsburgh (IATA: PITOACI: KPIT), anteriormente coñecido como aeroporto internacional de Greater Pittsburgh, é un aeroporto civil e militar estadounidense situado nos suburbios de Pittsburgh, Pensilvania. Está situado nos municipios de Findlay e Moon no condado de Allegheny, a uns 30 quilómetros ao oeste do centro de Pittsburgh.

Foi construído para substituír o aeroporto do condado de Allegheny, máis preto da cidade pero demasiado pequeno para poder manexar o crecente número de pasaxeiros. A construción do novo aeroporto comezou en 1946 e inaugurouse en 1952. Co paso das décadas o tráfico de pasaxeiros foise incrementando, especialmente cando US Airways estableceu un dos seus principais centros de conexións e ampliou os seus servizos domésticos e internacionais dende o aeroporto.

No ano 1987 o condado e a autoridade aeroportuaria levou a cabo unha gran mellora de case 1 000 millóns de dólares a petición de US Airways, que tiña un importante centro de conexións e asumiu gran parte dos gastos. As novas instalacións inauguráronse en 1992. A comezos do novo século as aeroliñas comezaron a ter problemas polos cambios nas condicións da economía, e US Airways comezou a reducir as súas operacións locais, cambiando por Filadelfia e Charlotte. Esta redución de voos cara ao final da década levou ao peche parcial de dous vestíbulos do aeroporto.

Dende o ano 2015 o aeroporto tivo éxito atraendo aeroliñas de baixo custo, como Allegiant Air, Frontier Airlines e Spirit Airlines, xunto coas compañías internacionais Condor Flugdienst e WOW air.

O aeroporto de Pittsburgh é o máis concorrido do oeste de Pensilvania e o segundo do estado tras o aeroporto de Filadelfia. No ano 2017 pasaron polas súas instalacións un total de 8 988 016 pasaxeiros.[1]

  1. 1,0 1,1 The Times (ed.). "Nearly nine million passengers used Pittsburgh International Airport in 2017". Consultado o 25 de marzo de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy